A Garda Civil investiga por un delito de tráfico de drogas á condutora dun vehículo que circulaba por Cangas do Morrazo. O pasado 9 deste mes, a patrulla do Posto da Garda Civil de Cangas, que se atopaba de servizo de seguridade cidadá, realizando un punto de verificación no Cruzamento de Vilariño, Cangas, deteñen a un turismo. Tras identificar aos seus dous ocupantes, detectan moito nerviosismo entre eles, polo que sospeitan que puidesen transportar substancias estupefacientes.
Por iso procédese a realizarlles unha inspección e localízase nun bolso tipo mochila, propiedade da condutora 1345 euros en billetes de curso legal. A continuación efectúaselle un cacheo á mesma, localizando entre a súa roupa 10,1 gramos supostamente de cocaína, e varias doses de marihuana e haxix. Trátase dunha muller de Cangas, de 40 anos de idade, á que se informa que será investigada por un presunto delito de tráfico de drogas.
As dilixencias, xunto coa droga intervida, foron postas ao dispor do Xulgado de Garda de Cangas.

