O pasado mércores, a patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Cangas do Morrazo, en funcións propias do servizo, dan o alto na estrada EP-1008, a un vehículo con matrícula portuguesa, que portaba no seu maleteiro varios sacos con ameixa. O peso aproximado da mesma é de 250 kg, repartida en 11 sacos de malla, carecendo da documentación regulamentaria que ampara o transporte da mesma polo territorio nacional, ademais de levala nun vehículo non acondicionado para iso.
Identificados o condutor e o acompañante, veciños de Portugal, din que as ameixas proveñen de Aveiro-Portugal, con destino a Cangas do Morrazo. A incautación queda ao dispor do órgano competente da Xunta de Galicia, para a súa destrución, ao non ser apta para o consumo humano. O feito púxose en coñecemento do Servizo de Inspección Pesqueira da Xunta de Galicia, procedendo a levantar acta denuncia por carecer de guía de transporte, así como por non realizar o mesmo en vehículo adecuado.

