Baiona presenta a V edición de “A Mar de Historias”

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona presenta a V edición do programa divulgativo “A Mar de Historias”, unha serie de conferencias que pretende un formato flexible e aberto ao público nunha cita co autor e o seu relato, contado de forma atractiva e interesante. A flexibilidade céntrase na diversidade de temáticas tratadas: arquitectura, arqueoloxía, historia, turismo mariñeiro… e toda obra cultural relevante para a Vila susceptible de incrementar o coñecemento e aprecio das mesmas. Estas conferencias celebraranse no Auditorio da Casa da Navegación, en horario de 20:00 a 21:00 horas, con entrada libre ata completar aforo, e prolongaranse ata o mes de xaneiro de 2024.

Programa de conferencias:

  • A primeira delas terá lugar este venres, 13 de outubro: “O mar e a evanxelización: Cristóbal Colón”. Luis Pouse Regueiro. Historiador.
  • 3 de novembro: “O mar, os seus profesionais e a cultura marítima como recurso turístico”. Pablo Mariño e Severino Casal, Bluscus, turismo mariñeiro.
  • 1 de decembro: “Orcas e veleiros”. Alfredo López, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños Cemma.
  • 12 de xaneiro: “A minería do ouro galaicorromana na Serra da Groba – Argalo”. Gustavo Pascual Hermida. Arqueólogo.