A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, ofrece catro contacontos infantís a través do programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito” con motivo da celebración ao longo do mes de outubro do Día da Biblioteca Pública que se celebra o próximo día 24. Así, este martes 10 de outubro ás 18:00 horas, será a quenda de “Este queixo queixolán”. Temos unha riqueza espectacular na nosa tradición oral que precisa ser recuperada! Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para bebés da man de Pavís Pavós.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados dunha persoa adulta. Ao longo do mes de outubro terán lugar os outros contacontos dos que proximamente se informará. Para participar é imprescindible a inscrición previa para cada un deles no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ou no teléfono 986 35 59 43.
Horario de inverno
Desde o pasado día 15 de setembro o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona retomou o horario de inverno de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Os sábados o servizo estará aberto de 9:30 a 13:30 horas.

