Onte o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, tivo o pracer de asistir á tradicional comida anual do Club de Bolos Belesar Urgal. No evento compartiu conversa coas persoas que acudiron a desfrutar desta xornada no club social da entidade na parroquia baionesa de Belesar. A práctica do bolo celta vai a máis, polo que o rexedor quere “dar as grazas aos clubs de Baiona, entre os que se atopa o C.B.B. Urgal, que traballan para manter esta tradición. Parabéns!”.
O Alcalde de Baiona asiste á tradicional comida anual do Club de Bolos Belesar Urgal

