Sin categoría

Nigrán acolle o I Open Bullshoter Galicia

O Hotel Miramar de Praia América, en Nigrán, acollerá os días 6, 7 e 8 de outubro o I Open Bullshoter Galicia. Bullshooter Galicia nace o 27 de setembro de 2021 grazas aos xerentes dun local de Nigrán e os seus dous fillos despois de moitas tardes dardeiras con moitos clientes e amigos, onde dispoñía de varias máquinas de dardos. Instálase en Gondomar e faise promover por toda Galicia con pequenas competicións para ir a un campionato oficial Nacional e un Europeo. Despois de dous anos de traballo que non foron fáciles e menos despois dunha pandemia, pero co respaldo de Bullshooter Europa decidiron organizar para todos os galegos e galegas afeccionados ao mundo dos dardos este espectacular evento ao que acudirán xogadores de toda España.

I OPEN BULLSHOTER GALICIA

Este evento non sería posible sen a axuda de patrocinadores, colaboradores, locais de hostalería e xogadores da Marca e como non de Bullshooter Europe, unha organización deportiva que se estende desde EE. UU., pasando por Europa e Asia. Fundada en 1985 e agora no seu 33° ano, forma a estrutura autónoma que apoia a marca Arachnid de dardos electrónicos, e o seu principal obxectivo é promover a filosofía da deportividade e a competición a través de ligas e campionatos. A asociación execútase exclusivamente en máquinas Galaxy fabricadas por Arachnid 360 e opera en Europa de forma autónoma co respaldo de Bullshooter USA. Desde Bullshooter Galicia queren agradecer todo o apoio recibido de todos.

O 8, 9 e 10 de decembro irán ao Nacional 2023 en Gandía, e do 25 ao 28 de abril de 2024 participarán en Salou no Internacional.