A Asociación Coordinadora de Comisións de Festas convoca para este venres, día 6 de outubro, unha reunión que se celebrará ás 22:30 horas no salón principal da Asociación de Veciños de Donas (Cafetería O Torreiro). O obxectivo é falar da nova Lei de Xogo de Galicia, que fará imposible que se sigan realizando os bingos que tradicionalmente veñen celebrando as Comisións de Festas para a organización das festas populares. Así mesmo, poñerán de manifesto as actividades levadas a cabo pola Asociación, así como dar conta das reunións mantidas cos cargos institucionais da Xunta de Galicia para buscar unha solución á problemática que se lles achega, así como os escritos presentados a fin de que se corrixa esta situación.
Convocan unha reunión en Donas para falar dos bingos sociais

