Sin categoría

Baiona dá a benvida a PH FIT

En outubro o baionés Pablo Hernández comezará PH FIT, unha actividade dedicada á dietética e plans nutricionais para todas as idades. Este mozo de 25 anos cursou os seus estudos de Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Dietética na Universidade Alfonso X El Sabio de Madrid e é un apaixonado do deporte e a vida saudable. A súa consulta está situada na Praza de Santa Liberata nº7 Baixo, en Baiona, e atenderá sempre con cita previa. Haberá descontos para todos os usuarios de Pilates do Liceo Marítimo de Baiona e do Centro Cultural de Baíña.