Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no Día Internacional das Persoas Maiores

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este domingo 1 de outubro cunha andaina polos ríos Muíños e Nespereira, en Porto do Molle. Para participar é preciso inscribirse previamente o venres 29 de setembro de 09:00 a 12:00 horas no teléfono 986365000. A dificultade da andaina é baixa, tendo unha duración aproximada de dúas horas. As persoas inscritas previamente deberán presentarse ás 10:00 horas do 1 de outubro na desembocadura do río Muíños en Praia América.