Sin categoría

Aberto o prazo de matrícula para a Aula Municipal de Teatro de Gondomar

A Aula de Teatro do Concello de Gondomar abre o prazo de matrícula tanto para grupos de mozas e mozos (de 11 a 20 anos) como para adultos. A actividade desenvolverase os martes pola tarde no Auditorio Municipal Lois Tobío e as clases estarán impartidas, un ano máis, por Lola Correa, licenciada en Dramaturxia e Dirección de Escena e cunha ampla carreira como docente e xestora cultural. Para realizar a solicitude de inscrición deberán dirixirse ao rexistro xeral do Concello onde se lles proporcionará o impreso correspondente. Máis información en alcaldia@concellodegondomar.gal.