Persoal do Mundial J80 de Baiona libera a un golfiño dunhas redes

“A historia máis bonita do día protagonízaa hoxe o persoal do Mundial J80 Baiona 2023, rescatador dun pequeno golfiño que se atoparon na zona de regatas cunhas redes enganchadas”. Así relatan desde o Monte Real Club de Yates o sucedido este venres. Despois de que un dos barcos da competición dese o sinal de alerta, lograron localizar ao golfiño, quitarlle o aparello que tiña enredado ao redor da boca e nas aletas, e liberalo de novo no mar. “Deixámosvos coa secuencia de imaxes deste bonito rescate cuxo mensaxe debe servirnos, unha vez máis, de concienciación sobre a importancia de non tirar residuos ao mar. Polo seu ben, polo noso, polo de todos”.