O Centro Sociocomunitario de Baiona ofrece un curso de coaching nutricional e cociña que se desenvolverá nos próximos meses de outubro e novembro. As prazas son limitadas, cun máximo de 8 participantes por cada unha das dúas edicións. Os cursos atópanse subvencionados en case a súa totalidade pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, e unicamente abonaranse 10€ para proceder a formalizar ou validar a inscrición. Será impartido por Adrián Martíns, Técnico en Cociña e Gastronomía, Dietista-Nutricionista, os martes en horario de 18:00 a 20:00 horas nas datas sinaladas 3, 10, 17 e 24 de outubro para a primeira edición e 31 outubro, 7, 14 e 21 de novembro para a segunda. Máis información e inscricións no teléfono 886110123.
Curso de coaching nutricional e cociña no Centro Sociocomunitario de Baiona

