Usuarios do Centro Juan María retiran máis de 8 quilos de lixo en Praia América

Usuarios e usuarias do Centro Juan María realizaron este martes unha xornada de limpeza en Praia América con motivo do Día Mundial das Praias. En total, recolleron 8,5 quilos de lixo co que pretenden realizar un mural co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia de manter a nosa contorna limpa. Unha acción máis dentro do seu compromiso coa Axenda 2030, que contribúe ao cumprimento dos ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sostible).