A Garda Civil detén a unha coidadora de anciáns por furto de xoias e diñeiro en Nigrán

A Garda Civil de Baiona detén a unha muller como presunta autora de 21 delitos de furto, todos eles de diñeiro e xoias, en 21 vivendas de Nigrán, ás que acudía desde o ano 2020, para realizar o coidado de anciáns ou persoas con discapacidades graves, a través dunha empresa contratada polo Concello. Atribúeselle ademais outro delito de furto de xoias, que ocorre nunha Residencia de anciáns de Mos, na que traballaba actualmente e que tivo lugar en agosto deste ano.

A investigación iníciase por mor das distintas denuncias presentadas que xeraron alarma social entre persoas e familias usuarias deste servizo, causando tamén gran descrédito á empresa danando gravemente a súa imaxe. Tras a práctica de diversas xestións, finalmente detense a esta coidadora, unha muller de orixe peruana, con domicilio en Nigrán, de 44 anos. Descóbrense vendas, tanto dela como da súa filla, de 21 anos, en establecementos de compra de xoias en Vigo, e recupéranse algunhas delas, así como outras que portan e locen tanto a nai como a filla, todas elas recoñecidas polos prexudicados e denunciantes.

A detida quedou en liberdade en sede policial a expensas de ser citada polo Xulgado de Garda de Vigo, onde foron entregadas as dilixencias.