
O Instituto de Estudos Miñoráns convoca o III Concurso Fotográfico Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño. Poderán concorrer a este concurso as persoas afeccionadas á fotografía, maiores de idade, sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo. Establécese unha categoría avaliada polo xurado e outra avaliada na rede social Facebook polo público que o desexe. As fotografías presentaranse en formato dixital en tamaño 30×45 cms (300 píxeles por polgada). Non se admiten fotografías de menos de 6 mp. É imprescindible que o arquivo enviado sexa en alta resolución.
Premios e exposición
- Premio Xurado: 250 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
- Premio Público: 150 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
- 2 accésit Xurado: Revelado 30×45 + publicación na REM
- 2 accésit Público: Revelado 30×45 + publicación na REM
- 14 Finalistas: Publicaranse as súas fotografías na exposición e na revista REM
O prazo para a presentación de fotografías permanecerá aberto do 18 de setembro ao 17 de novembro. As bases do concurso poden consultarse na seguinte ligazón.