
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou onte a importancia que ten o deporte adaptado para facer novas compañías e amigos, así como para a saúde, autonomía e desenvolvemento persoal. Fíxoo nas instalación do Monte Real Club de Yates de Baiona, onde recibiu a usuarios e monitores dos centros de atención á discapacidade (CAPD) da Coruña e Redondela que participaron no programa “Amar o mar”.
A directora xeral explicou que a través desta actividade, os participantes teñen a oportunidade de ter, para moitos deles, un primeiro contacto co mundo mariño, coñecer técnicas de navegación e desfrutar dunha xornada de ocio.