Nace a Agrupación Musical Santiago de Parada

Nace a Agrupación Musical Santiago de Parada – Concello de Nigrán como iniciativa do Centro Cultural Santiago de Parada co propósito de lograr ter unha Banda de Música nun futuro, tanto na parroquia coma no Concello de Nigrán. Para iso créase esta escola onde se ofertan clases de música para os máis miúdos a partir dos 4 anos, todos os nados dende o ano 2019. Tamén se oferta música para adultos, sempre cunha orientación de tocar un instrumento para tocar na Banda de Música. As clases darán comezo en outubro, nas instalacións do Centro Cultural Santiago de Parada, e contan coa colaboración tanto do propio Centro Cultural, como da Comunidade de Montes e do Concello de Nigrán. O teléfono de contacto para calquera dúbida é o 722651027.