Eroski e Autoservizos Familia amplían a súa campaña de axuda aos afectados polas inundacións de Libia

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski amplía a súa campaña de emerxencia para prestar axuda aos afectados polas devastadoras inundacións en Libia. Este xesto únese á iniciativa posta en marcha esta semana na súa rede de tendas das insignias Eroski e Autoservizos Familia en Galicia, Asturias e Castela e León para apoiar ás persoas damnificadas polo terremoto de Marrocos. Como noutras ocasións, os clientes poderán realizar un donativo voluntario ao seu paso pola liña de caixas polo importe que desexen.

Os equipos de rescate en Libia traballan sen descanso para recuperar e enterrar os corpos das vítimas das inundacións en Derna para que á traxedia non se some unha crise sanitaria. O número de falecidos polas inundacións alcanza miles de persoas e outras tantas desaparecidas.

Como en todas as ocasións, ao recadado nas súas tendas grazas ás doazóns dos clientes, Vegalsa-Eroski sumará unha achega adicional, que se engadirá aos tres millóns de euros que a compañía destina anualmente a contribuír a causas sociais.

Máis de 300.000 euros solidarios

Vegalsa-Eroski, xunto aos seus clientes, realizaron doazóns superiores aos 300 mil euros durante as últimas campañas solidarias activadas para axudar a damnificados por desastres naturais e outras causas humanitarias en destinos como Haití (2016), Filipinas (2013), Nepal (2015), Siria (2015), Mallorca (2018), A Palma (2020) ou a crise de Ucraína (2022). A última, este ano, foi destinada á poboación afectada polos terremotos de Turquía e Siria.