
Este sábado 16 de setembro na Praia de Patos (Nigrán) celebrarase a segunda proba da Liga Interescolas na que competirán as categorías Sub 12 e Sub 16 feminino e masculino. Ademais, ao final do día de competición haberá fin de festa con entrega de premios e visualización dos highlights da xornada en El Monopatín (Rúa Tomás Mirambell, 101, 36340 Nigrán), onde ademais haberá dúas actuacións en directo de novos artistas de Nigrán, como a banda The Rizz Spirit e El FFF quen presentará novo tema.
A segunda proba da Liga Interescolas está organizada pola Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Ademais, a proba conta co apoio de Alumisel como patrocinador oficial e coa colaboración de Agua Sana, Mission Surf Shop e Noetta.