
O barrio de San Cibrán, na parroquia gondomareña de Donas, celebra esta fin de semana as festas na honra do seu patrón. A programación arrancará o sábado 16 de setembro cun percorrido polo pobo do grupo de gaitas Castro da Pedra Moura de Donas. Ás 21:00 horas celebrarase unha Misa e, pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Costa Blanca e o dúo Ángel América.
O domingo día 17 ás 10:30 da mañá entrada e pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela. Ás 13:00 horas celebrarase a Misa cantada pola Coral Santa Eulalia de Donas, seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Pola noite, a verbena correrá a cargo dos tríos Tic Tac e Soprano.
O luns 18 de setembro ás 12:30 horas celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola charanga Imperiais, que ofrecerá un concerto ao finalizar. A partir das 17:00 horas terán lugar as tradicionais cucañas, e pola noite, a orquestra Marbella será a encargada de pechar as festas.