Deteñen a tres veciños de Gondomar por tráfico de drogas, violación de morada, detención ilegal, ameazas e coaccións

A Garda Civil de Pontevedra detén a tres persoas como autores dos delitos de tráfico de drogas, violación de morada, detención ilegal, ameazas e coaccións, cometidos na localidade de Gondomar. A investigación iníciase tras a denuncia presentada por un veciño do barrio da Ponte de Gondomar, na que fai constar que o día 25 do pasado mes de xuño, cando se atopaba durmindo no seu domicilio, sobre as 3:00 horas escoitou uns ruídos, entrando nese momento tres individuos na súa habitación, dous deles encapuchados, portando un bate de béisbol e un terceiro a cara descuberta, ao que coñece de toda a vida, co que ten unha débeda de 300 € de cocaína.

Despois de agredirlle e tras ameazalo de morte, dinlle que van montar unha casa de citas no seu domicilio e que ademais venderán droga, e que non se lle ocorra tocar a unha moza ou a droga, ademais de obrigalo a chamar a un amigo, que cando entra no domicilio é inmobilizado por estes, golpeándoo co bate, pregúntanlle polo diñeiro que lle debía da cocaína, sacando un deles unha navalla e poñéndolla no pescozo. Por último quítanlle os seus móbiles, para acceder ao seu contido.

As xestións levadas a cabo pola Área de Investigación do Posto da Garda Civil de Baiona, e unha vez obtidos os indicios suficientes tras semanas de investigación, os axentes detiveron aos tres asaltantes, dous deles de 23 anos e un terceiro de 40 anos de idade, todos eles veciños de Gondomar, con antecedentes policiais, así mesmo foi recuperada a navalla utilizada o día dos feitos.

Os detidos foron postos ao dispor da autoridade xudicial, que decretou a súa liberdade con cargos á espera de xuízo.