A parroquia gondomareña de Vincios celebra esta fin de semana as festas da Fraga. A programación comezará o venres 15 de setembro cunha festa do motor con concentración de coches de rally e clásicos e gran churrascada amenizada con música.
O sábado día 16 ás 10:00 da mañá fará entrada na festa a charanga Vai de Baile, que percorrerá o pobo e ofrecerá unha actuación desde as 17:00 horas. Pola noite, desde as 22:00 horas, a verbena estará amenizada polo grupo Conexión e o trío Soprano.
O domingo 17 de setembro ás 11:00 da mañá actuará a charanga Jalácticos. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de todos os defuntos do barrio, e a continuación, as tradicionais “poxas” e a actuación da charanga. Pola tarde, ás 17:00 horas, terán lugar as cucañas, e pola noite, desde as 22:00 horas, a verbena correrá a cargo dos tríos 3.com e La Noche de O Grove.
Haberá carpa e aparcamento.

