Vilaza celebra as festas da Virxe da Luz

A parroquia gondomareña de Vilaza celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe da Luz. A programación comezará o venres 8 de setembro pola noite coa actuación de DJ Sombrero e Ganxx. O sábado día 9 ás 18:30 horas terán lugar as “poxas”, e a partir das 22:00 horas, o cuarteto Ambar e o dúo Charada amenizarán a verbena. O domingo 10 de setembro ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada polo Grupo de Gaitas da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios. Os festexos finalizarán coas cucañas a partir das 17:00 horas.