
A Plataforma Turonio organiza este sábado 9 de setembro a xornada “Enerxías renovables. A eólica en Galicia. Realidade e futuro”, a cal se desenvolverá na Casa Forestal de Santa María de Oia con programación en horario de mañá e de tarde. A iniciativa concíbese como unha xornada de intercambio de experiencias e de reafirmación nas posicións en contra do proceso de depredación eólica que está a vivir Galicia. A través de diferentes intervencións e mesas redondas, persoas vinculadas ao mundo da investigación, o asociacionismo e o activismo ambiental e cultural compartirán as súas achegas. A xornada comezará ás 10:30 horas na Casa Forestal de Valdarca (Santa María de Oia) e a asistencia é libre e de balde. A programación inclúe a celebración dun xantar comunal, para o que cada persoa asistente deberá levar a súa propia comida e bebida.