Acto en Nigrán en lembranza das vítimas do golpe militar en Chile e do presidente Salvador Allende

Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 8 de setembro no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), un acto en lembranza do 50 aniversario do golpe militar en Chile, o 11 de setembro de 1973, e da morte do presidente Salvador Allende. Esta homenaxe ao pobo de Chile e as vítimas da ditadura de Pinochet comezará ás 19:00 horas coa proxección dun documental sobre aqueles acontecementos históricos, ao que seguirá, ás 20:00 horas, unha charla-coloquio titulada “A conspiración e o acoso ao goberno de Salvador Allende”, a cargo de Omar Contreras Flores, chileno que foi preso político con Pinochet e se exiliou en 1974. O acto será presentado polo presidente do Ateneo, Xabier Méndez Martínez.