Sin categoría

Os baioneses Nicolás Míguez e Nerea Ferreira reciben premio no Campionato de España de bolos celta

A Concelleira de Deportes do Concello de Baiona, Ana María Iglesias Rodríguez, participou na entrega de premios do Campionato de España Cadete e Xuvenil de Bolos Celta que se celebrou en Camos. “Unha honra poder participar na entrega de premios ao noso veciño Nicolás Míguez, do club de bolos Baredo, e á única muller premiada neste gran torneo, Nerea Ferreira González, a nosa veciña do club de bolos Rega. Felicidades aos nosos veciños”, comentou a Concelleira. Nicolás proclamouse subcampión da categoría xuvenil individual e quedou cuarto xunto ao seu compañeiro Miro na categoría xuvenil por parellas. Pola súa banda, Nerea foi terceira na categoría de cadete individual. “Parabéns a todos polo esforzo e a dedicación”, concluíu Ana María Iglesias.

Categoría Cadete Individual:

  • Campión: Sergio Velasco (Madrid)
  • Subcampión: Yago Álvarez (Galicia)
  • Terceira: Nerea Ferreira (Galicia)
  • Cuarto: Álvaro Velasco (Madrid)

Categoría Cadete Parellas:

  • Campións: Sergio (Madrid) e Egoitz (Asturias)
  • Subcampións: Mario (Asturias) e Diego (Galicia)
  • Terceiros: Álvaro (Madrid) e Gorka (Galicia)
  • Cuartos: Manuel (Asturias) e Emilio (Galicia)

Categoría Xuvenil Individual:

  • Campión: Isma (Galicia)
  • Subcampión: Nicolás (Galicia)
  • Terceiro: Javi (Asturias)
  • Cuarto: Pablo (Galicia)

Categoría Xuvenil Parellas:

  • Campións: Javi e Iker (Asturias)
  • Subcampións: Isma (Galicia) e Yeray (Asturias)
  • Terceiros: Xan e Felipe (Galicia)
  • Cuartos: Nicolás e Miro (Galicia)