O Concello de Baiona, a través da Concellería de Festexos, informa de que a Praza do Concello de Baiona acolle este sábado día 2 de setembro ás 21:30 horas o XXIV Festival Folclórico Baíña ’23. A Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, para conmemorar o aniversario do grupo fundado en Baíña fai xa máis de dúas décadas, organiza o encontro. Ademais dos anfitrións participarán o Rancho Folclórico das Lavradeiras de Oleiros (Ponte da Barca); as Pandereteiras Traspés (Vigo) e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreira (Santiago de Compostela). En caso de mal tempo o festival trasladarase ao Auditorio V Centenario de Baiona. A actividade forma parte da programación Baiverán 2023.
XXIV Festival Folclórico Baíña ’23

