Sin categoría

Porto do Molle acollerá a II Festa Equina de Nigrán

Acoaga 1018 S.L., en colaboración coa Asociación Hípica GZ-Horse e a Federación Hípica Galega organiza no parque empresarial de Porto do Molle a II Festa Equina Concello de Nigrán. Este evento hípico previsto para os días 15, 16 e 17 de setembro consiste na realización de diversos espectáculos e competicións ecuestres, como a doma clásica, a final do campionato de enganches de carruaxes, copa de Galicia de enganches, complementados con actividades musicais, coa participación de diversos grupos da música tradicional galega e o peche da festa coa actuación do grupo musical de La Patrulla, así como a organización dunha feira artesanal na contorna do evento.

As actividades ecuestres que se realizarán son:

Venres día 15:

  • Comezo da festa equina coa feira artesanal e participación de diversos centros ecuestres do Concello de Nigrán realizando diversas disciplinas de exhibición, así como o clásico bautismo hípico.

Sábado día 16:

  • 17:00 h. Exhibición de doma clásica a cargo de Alejandro Nande Iglesias, campión de España da súa disciplina e veciño de Nigrán.
  • 18:00 h. Competición de xinetas e cabalos na especialidade de xincanas ou xogos “mounted games” con entrega de premios e trofeos.
  • 20:00 h. Final das actividades ecuestres.

Como complemento a este día está prevista a organización dun “serán” musical de música tradicional e popular, coa participación de diversos grupos de gaitas e canto da área metropolitana.

Domingo día 17:

  • 11:00 h. Concurso demostración de enganches de carruaxes con diferentes modalidades como son, enganche con limorera (enganche cun cabalo) e enganche en tronco (enganche con dous cabalos).
  • 13:30 h. Entrega de trofeos.
  • 16:30 h. Final da copa de Galicia de enganches (Federación Hípica Galega).
  • 19:00 h. Entrega de trofeos e recordos do evento.
  • 20:00 h. Peche da festa equina, coa participación do grupo musical “La Patrulla”