Fin de Semana de Balonmán no Pavillón Municipal de Baiona

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a presentación do primeiro Trofeo Balonmán Reconquista onde estiveron presentes a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias, o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o Delegado Provincial da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e o Vicepresidente do Club de Balonmán Reconquista de Vigo, Jose Rial.

O Pavillón Municipal de Deportes de Baiona é o lugar elixido para disputar na tarde de mañá, sábado día 2 de setembro, dos encontros e desfrutar do balonmán dende as 17:30 ata as 19:30 horas. Disputarase a categoría de bronce nacional entre os equipos Reconquista de Vigo; Xira Carballo e Balonmán Ribeiro.

Así mesmo, esta mesma tarde, os amantes deste deporte poderán desfrutar dunha xornada da categoría prata nacional a partir das 21:00 horas no Pavillón Municipal cun encontro entre o Valinóx Novás e o Cisne. Desde a Concellería de Deportes do Concello de Baiona invítase á veciñanza a gozar destas xornadas gratuítas de balonmán.