VIII Encontro de Coros Tradicionais “Cantares no Miñor”

A oitava edición do encontro de coros tradicionais “Cantares no Miñor” celebrarase o vindeiro sábado 2 de setembro, ás 19:00 horas, e xuntará na Praza da Paradela en Gondomar a preto de 100 mulleres e homes nunha homenaxe á música tradicional galega. Este encontro patrocinado polo Concello de Gondomar, está organizado polo grupo de Vincios, Cantares do Brión e, nesta ocasión, contará tamén coa presenza da centenaria formación Cántigas da Terra de A Coruña.