
O Concello de Baiona renderá homenaxe a tres mariños locais: Diego Carmona, Vasco Gallego e o seu fillo Vasquito, os cales formaron parte da expedición que completou a primeira circunnavegación á terra. Será a próxima fin de semana do 8, 9 e 10 de setembro de 2023, con motivo do 501 aniversario da devandita efeméride. A Concellería de Cultura de Baiona, dirixida por Policarpo Vilar Misa, está a preparar varias actividades para render un merecido recordo a estes tres mariños, a través dun ciclo de conferencias, un concerto e o descubrimento dunha placa conmemorativa.