A parroquia gondomareña de Donas celebra esta fin de semana as festas na honra do Doce Nome de Xesús. O programa previsto comezará o sábado 26 de agosto ás 9:30 da mañá cun pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Castro da Pedra Moura de Donas. Ás 20:30 horas haberá unha gran tirada de fogos e pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo América de Vigo e a orquestra Capitol.
O domingo día 27 ás 10:00 da mañá fará entrada en Gondomar a Banda de Música Agrupación Musical do Val Miñor. Ás 12:30 celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Pola noite, a verbena correrá a cargo das orquestras Los Player’s e New York.
O luns 28 de agosto ás 12:30 horas celebrarase unha Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. A partir das 17:00 horas terán lugar as tradicionais cucañas, e pola noite, as orquestras Los Coleguitas e Olympus pecharán as festas.

