Baiona está consolidada como destino de calidade, con empresas e servizos recoñecidos co distintivo Sicted (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino), proxecto promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Baiona leva traballando neste proxecto desde o ano 2.004 e na actualidade conta con 38 empresas e servizos adheridos e distinguidos. Esta iniciativa ten como obxectivo incrementar a experiencia e satisfacción dos turistas e visitantes, ademais de axudar ás empresas e servizos a perfeccionar os seus procedementos de traballo, e está baseada na “mellora continua”.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a Concelleira de Turismo, Sheila González Martíns, entregaron este xoves no Salón de Plenos do Concello os distintivos ao Compromiso da Calidade Turística, Sicted, ás dúas empresas locais que superaron o último comité de xuño: Queimada Gastrobar e a Casa da Navegación. Con estes dous son xa 38 as empresas e servizos que locen este distintivo, conseguidos nos dous comités de distinción existentes: xuño e decembro.
Empresas e servizos de Baiona que gozan deste distintivo: Oficina de Turismo-Concello de Baiona, Monte Real Club de Yates, Parador de Baiona, Óptica Baiona, Hotel Anunciada, Estación de Servicio Monte Real, Policía Local de Baiona, Hotel Tres Carabelas, Praia Ribeira, Praia Santa Marta, Praia Ladeira, Praia Barbeira, Praia de Frades, Praia Concheira, Le Sept, Recuncho Mariñeiro, Jamonería Jaqueyvi, Luna Baiona, Hotel Rompeolas, Joyería Tula, Casa do Marqués, Apartamentos Ría de Bayona, Hotel Arce, Estelas, La Pedalería, Peluquería Belmer, Restaurante Pedro Madruga, Ababides, Viajes Val Miñor, Bibendum, Mesón Jamonería Fidalgo, Benestar Baiona S.L, Fisioterapia Val Miñor, Café Bar La Llave, Casa da Navegación, Queimada Gastrobar e Restaurante Mesón Fonte de Zeta.
A achega crave do SICTED é a conciencia integral de destino e a identificación de obxectivos comúns por e para todos os axentes implicados, públicos e privados, turísticos e non turísticos.

