Sin categoría

1.200 inscritos para participar no “Camiño do Terror” de Parada

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa andaina do “Camiño do Terror” que organiza a asociación Parada do Miñor e que terá lugar a noite deste venres e sábado (25 e 26 de agosto) en Montecastelo. A actividade, con 1.200 persoas inscritas en total, se desenvolverá grazas ao traballo de 80 voluntarios. Previamente, os 3 km de percorrido foron convenientemente adaptados e rozados polo Concello de Nigrán, que tamén instalou a iluminación requirida desde a organización.

Nesta sétima edición dispoñeranse 14 zonas de terror ou de actuación ao longo da andaina, actividade que se realizará en grupos de 30 persoas guiadas por un monitor e saíndo en intervalos de 15 minutos. Haberá chocolatada para todos os asistentes e unha cantina, ademais de DJ que estará amenizando a noite.