
A Asociación Galega de Escritores, xunto coa colaboración do Concello de Nigrán e as librerías locais Paraísos de Papel e Piño, organiza a primeira edición de “Literatura na Rúa – Nigrán”. Este evento celebrarase o vindeiro sábado 26 de agosto no Paseo marítimo de Panxón, á altura da homenaxe ao escritor Carlos Casares. “Literatura na Rúa” pretende achegar a pé de rúa a autores locais cos lectores, de forma que poidan conversar sobre as súas obras e asinar os seus libros. O evento durará todo o día, en horario de mañá de 11:00 a 14:00 e de tarde de 18:30 a 21:30 horas.
Contará coa presenza de 18 autores locais: Lola Fernández Pazos (El Pazo de Lourizán), Nuria Fernández (Sementeira. Sustrato de una escuela consciente, La Princesa de Nagarkot, Tai & Titón), Magali Rodríguez Matar (Antología Libélulas Negras, La nueva fábrica de lápices), Carmen Calleja Lameiras (Algo más que recuerdos), María Nieto (Lo que pudo haber sido, lo que es, lo que nunca será), Almudena Santamaría (Puede que algún día…), María Lucinda Rey Escribano (Ayúdate que te ayudaré, Ulkantun), Soledad García (O camiño de Perséfone. As palabras son cinzas por soprar), Fran Fernández Davila (A Senda do Sal, Alana, Mover os marcos, O bosque do duque ‘s-Hertogenbosch), Branca Trigo (Con do lore, Alguén nos lembrará), Samuel Ferro (Tierra de Leyenda), Óscar Vázquez (Ángeles robados, Tu huella en mi camino), Ana Julia Martínez (Turquesas de Fuego), Teresa Chamorro (El día que fui juzgada), y los autores de la editorial Pequeños Diamantes: Adrián León Pena (Pensamientos de una mente distraída), Julia Guenaga López (Pink. El país de Julia), Isidoro Otal Rivarés e Rebeca López Otal (Historia de una vida).
Ademais, hai varias actividades programadas ao longo do día, como un obradoiro de marcapáxinas para os máis pequenos e os recitais dos poetas: Branca Trigo, Xurxo Gago e Francisco Pérez Alonso.