
O Concello de Nigrán pecha con surf e ximnasia rítmica as nove modalidades de campus deportivos municipais de verán orientados a nenos e adolescentes e polos que xa pasaron máis de 500 menores (tenis, baloncesto, patinaxe, vela lixeira, kaiak e pádel surf e fútbol). O de surf terá lugar en Patos do 28 de agosto ao 1 de setembro e é para nacidos entre 2007 e 2014; o de rítmica será impartido polo club As Estelas do 4 ao 8 de setembro no Pavillón de Panxón e é para nacidos entre 2007 e 2019.
O prazo de inscrición para ambos os dous está aberto e o custe para empadroados é de 70 € (teñen prioridade os empadroados). As inscricións para surf son no teléfono 636024702 ou no mail asociacionescuelassurfpatos@gmail.com e o de rítmica no 662421591 ou no mail clubasestelas@hotmail.com.
“É unha oportunidade de descubrir deportes novos a un prezo imbatible. Trátase, xunto co campamento municipal, dunha iniciativa para facilitar a conciliación familiar mediante actividades saudables ao aire libre e de promover o deporte desde a infancia dando cabida a disciplinas para todos os gustos e confiando nas entidades deportivas de Nigrán, que son as que teñen a verdadeira experiencia”, indica o alcalde, Juan González.