Camos celebra as festas de San Roque

A parroquia nigranesa de Camos celebra as festas na honra de San Roque. O programa previsto comezará cunha Misa ás 10:00 da mañá o mércores 23 de agosto. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Mamede, seguida de procesión acompañada polo Grupo de Gaitas do Centro Cultural “A Merced” de Chaín. Pola noite, desde as 21:30 horas, a verbena estará amenizada polo grupo La Banda de Ayer e o trío Tic Tac.

O xoves día 24 comezará cunha Misa ás 10:00 da mañá. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Roque seguida de procesión acompañada pola Banda de Música do Val Miñor, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Pola noite, desde as 21:30 horas, a verbena correrá a cargo da orquestra Los Magos e o trío L Noche.

O venres 25 de agosto haberá unha nova Misa ás 10:00 da mañá. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de Mª Auxiliadora seguida de procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Malas Herbas. Ás 17:00 horas terán lugar as tradicionais “poxas”, e pola noite, desde as 21:30 horas, o grupo Ritmo e o trío Soprano serán os encargados de pechar as festas.