Aberta a inscrición para os roteiros por Praia América e Monteferro

O Concello de Nigrán aínda ten prazas para os roteiros gratuítos deste mércores 23 de agosto “Praia América: A Niza galega” (18:30 horas) e do vindeiro mércores día 30 de agosto “Tesouros de Monteferro” (18:30 horas). Ambos son gratuítos, de aforo limitado, e con inscrición previa no correo oficinaturismo@nigran.org indicando o nome completo, número de teléfono e título e data da ruta elixida. A duración aproximada é de 2-2,5 horas e a dificultade baixa ou media-alta.

No roteiro “Tesouros de Monteferro” percórrese o Monumento á Mariña Universal, a batería militar e o petróglifo das “Penisas Pequenas”. Pola súa banda, o roteiro “Praia América: A Niza galega” está baseado no proxecto de urbanización do emigrante e benefactor Manuel Lemos. A ruta urbana “Paseando Nigrán” do 26 de agosto dedicada á parroquia de Camos xa ten as prazas completas.