Gustavo Santiago e Nerea Rodríguez gañan a trixésimo oitava “Andar e Correr”

Baiona celebrou este domingo a trixésimo oitava edición da popular carreira “Andar e Correr”. Nesta edición participaron máis de 1.200 atletas repartidos nas categorías benxamín, alevín, prebenxamín, chupete e absoluta, o que fai do evento unha auténtica festa do deporte que cada ano consegue fidelizar a novos adeptos a tan carismático percorrido.

Unha carreira que ten como epicentro de saída das distintas categorías o Parque da Palma e que no seu percorrido máis longo de 10 quilómetros transcorre polo Camiño Portugués pola Costa. Os atletas pasan por monumentos emblemáticos como o Cruceiro da Santísima Trindade, Santa Liberata, subida de San Antón, miradoiro de Baredo, regresando polo Rompeolas ao emblemático parque baionés.

Na carreira todo o mundo ten cabida, os moitos veciños e seguidores dos atletas fai do seu sufrimento un auténtico espectáculo deportivo, que acompañado dos moitos servizos paralelos que ofrece a organización, convértena nun auténtico escaparate de cores e xentes. Ademais, atopámonos cunha carreira onde se conxugan dous perfís de participantes moi definidos, por unha banda, a maioría que acode a desfrutar, e polo outro, auténticos deportistas de moito nivel.

Gustavo Santiago Fernández volveu ser o primeiro en cruzar a meta cun tempo de 32:17, proclamándose campión absoluto da proba. A primeira muller en completar os 10 quilómetros de percorrido foi Nerea Rodríguez González, en 43:40. Daniel Pazó Giráldez tamén repetiu como primeiro baionés en cruzar a liña de meta cun tempo de 35:03, mentres que Isabel Zegrí foi a primeira baionesa, cun tempo de 47:20.

CLASIFICACIÓNS


El pase de diapositivas requiere JavaScript.