Nigrán proxecta “Padre no hay más que uno 3” dentro do ciclo Cine na Rúa

O Concello de Nigrán continúa un verán máis co “Cine na Rúa” proxectando de balde este martes 22 de agosto na Praza do Concello ás 22:00 horas “Padre no hay más que uno 3”, película española de 100 minutos de duración dirixida por Santiago Segura e pensada para un público familiar. Achégase o Nadal e a familia enfróntase a novas e divertidas peripecias. Os nenos rompen accidentalmente unha figura do Belén da colección de seu pai e deben conseguir por todos os medios unha igual, o problema é que é unha peza única de anticuario.