Accidente por unha vertedura na calzada en Vincios

Unha muller foi evacuada tras sufrir unha saída de vía na parroquia de Vincios, en Gondomar, á altura do quilómetro 16 da PO-331. Foi o persoal sanitario o que se atopou este accidente cando se dirixía a atender outra incidencia a bordo dunha ambulancia, ao fío das 15:30 horas. A continuación, o 112 Galicia solicitou a intervención da Policía Local e dos servizos de mantemento da estrada. Os axentes da Policía Local confirmaron que o coche saírase da vía debido a unha vertedura sobre o asfalto. Pola súa banda, os servizos sanitarios evacuaron á ferida ao hospital de referencia.