Sin categoría

Visita ao Campus de Ciclismo de Baiona

A Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Ciclismo que se vén celebrando durante esta semana nas instalacións de Shafire Nautic na Praia Ladeira. Entre as modalidades ofertadas no mes de agosto atópase o Campus de Ciclismo cuxo corpo técnico está composto por David Giráldez Camesella, Jose M. Suárez Pérez, Alberto Lores (TAFAD) e Santiago Lores Besada (TAFAD).