
A Concelleira de Deportes do Concello de Baiona, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Fútbol Americano “Flag-Football” que se celebra ao longo desta semana nas instalacións do campo de fútbol do Aral. O corpo técnico que imparte o campus está formado por adestradores titulados pola USA Football e a NFHS. Como actividades complementarias os nenos e nenas participantes poderán interactuar con xogadores en activo da Liga Nacional de Fútbol Americano. Tamén realizarán visitas á praia e moitas outras sorpresas.