Sin categoría

A última conferencia do ciclo “Encontros no Liceo” lembra a Gonzalo Torrente Ballester

Mañá xoves 17 de agosto ás 20:00 horas será a última das conferencias do ciclo “Encontros no Liceo”. Para lembrar a Gonzalo Torrente Ballester falarán o seu fillo José Miguel Torrente Sánchez-Guisande e Gustavo Garrido, presidente da Fundación Carlos Casares. Despois dest introdución da súa biografía e da súa relación co Val Miñor, leranse textos de Gonzalo. Os asistentes que o desexen poden levar o seu libro de Torrente e ler algunhas liñas. A entrada é libre.