O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, reafirmou o compromiso do Concello co programa “Vacacións en Paz” na recepción dos nenos e nenas saharauís participantes no proxecto. Este programa de acollida familiar temporal pon a énfase en catro aspectos fundamentais: educativo, sanitario, social e lúdico.
“É o acto máis bonito desta semana e estou moi contento”. Desta maneira iniciou o alcalde a recepción no Salón de Plenos da Casa do concello, xunto á concelleira responsable da área de Política Social, Ana María Iglesias. Vázquez Almuiña destacou que Baiona “é unha localidade solidaria” e agradeceu a todas as familias que, verán tras verán, acollen a nenos e nenas saharauís procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, para axudarlles e garantirlles un verán en paz.
Ao acto asistiron tamén outros concelleiros da corporación municipal e os nenos e nenas saharauís coas súas respectivas familias de acollida, un total de catro familias baionesas participan neste bonito proxecto de acollida.

