A Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou unha visita ao Campus de Baloncesto que vénse celebrando durante esta semana nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes, no que participan en torno a 120 nenos e nenas. O Campus de Baloncesto conta coa estreita colaboración do Club Baloncesto Baiona.
Durante o transcurso do mesmo, desde este luns 7 de agosto ata hoxe venres, o alumnado ten unha toma de contacto con esta disciplina, baixo a guía de adestradores de baloncesto de Nivel 1 e 2. Como actividades complementarias puideron gozar de adestramentos por grupos de nivel, concursos de tiro, competición 3×3, obradoiros de inglés, dinámicas deportivas grupais e actividades na praia.

