Londres, un novo destino para o artista internacional baionés, que, tras percorrer salas e eventos de España e América aterra no lendario club inglés, Ministry of Sound. A destacada marca inglesa, cunha traxectoria impecable como selo discográfico onde os mellores artistas do mundo lanzan a súa música, conta co 30º mellor club do mundo segundo a revista DJ Mag na capital inglesa. Templo da música electrónica, onde semana tras semana os máis grandes DJs sacan o mellor de si mesmo para poñer “patas arriba” aos milleiros de fans que acoden.
Yaggo expresa que é un soño feito realidade xa que calquera artista morrería por tocar alí. “Dende rapaz seguía moi de preto a música que Ministry of Sound sacaba ao mercado e o feito de ter a oportunidade de traballar con eles é incrible”. Tan boa oportunidade afirma que é, que quere compartilo cos seus seguidores. Na última publicación do seu Instagram (www.instagram.com/yaggomusic), ten activo un sorteo de vos + entradas para que dúas persoas poidan viaxar, desfrutar da cidade, do club e da súa sesión.
Tamén puntualiza que a seguinte data tras actuar no Reino Unido será na casa, na Praza do Concello de Baiona, o 23 de agosto, no Xuventude Fest, onde a entrada será de balde e contará coas actuacións de Ganjahr Family en acústico e do DJ guardés Diego Mariño. As vindeiras actuacións serán en San Francisco, Las Vegas, Quito, Cluj, Praga, Amsterdam, Londres, Monçao e Vigo e serán anunciadas e actualizadas na súas redes sociais.

