Este xoves 10 de agosto ás 20:00 horas terá lugar unha nova conferencia dentro do programa “Encontros no Liceo”, baixo o título “O Camiño Portugués pola Costa a Santiago: Fe, Cultura e Turismo”. Para falar do tema, o Liceo Marítimo de Baiona contará con Tino Lores, un dos maiores expertos na tradición xacobea, Doutor en Historia e Presidente das Asociacións de Amigos do Camiño Portugués da Costa, ademais de director do albergue Virgen Peregrina de Pontevedra. A entrada é libre.
Conferencia de Tino Lores sobre o Camiño Portugués pola Costa nos “Encontros no Liceo”

