A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, en Nigrán. A directiva da asociación informou sobre as actividades que levan a cabo desde a súa sede e da celebración este venres, 11 de agosto, da undécima edición da festa gastronómica do ovo frito con chourizo.
A delegada da Xunta visita o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca en Nigrán


