Sin categoría

A Carrasca celebra a súa undécima festa do ovo frito con chourizo

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, organiza este venres 11 de agosto a undécima edición da festa gastronómica do ovo frito con chourizo. O evento, que comezará ás 21:30 horas na Praza da Carrasca, estará amenizado polo grupo Os Alegres do Val Miñor.